Todos sabedes que o 17 de maio de cada ano celebramos o día das Letras Galegas pero..... Que é iso do día das Artes Galegas? É o mesmo?
Ímolo averiguar...
A ENCARGADA DESTA LABOR...QUEN FOI?
A Real Academia
Galega de Belas Artes, que decidiu crear o pasado ano O Día das Artes Galegas. Para
celebrar este día deberían de escoller unha obra galega que resaltase
especialmente.
Despois de todo o que vimos neste blog, cal credes que foi a obra escollida?
PREMEDE na seguinte ligazón e descubrídeo:
Cal é esa data?
É así, como o ano pasado se celebrou o 1 de abril na ponte de Gres o primeiro festexo do
Día das Artes Galegas na honra do Mestre Mateo.
Mirade na seguinte ligazón a foto que aparece na noticia do periódico... Hai algo curioso, non credes???
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2015/04/01/primeiro-dia-das-artes-galegas-valora-pegada-do-portico-da-gloria/0003_201504G1P33991.htmQue instrumentos que todos xa coñecemos aparecen?
Este ano, 2016, celebrouse de novo esta festividade na mesma data pero esta vez, en honra a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Quen é Castelao? Seguro que moitos de vos xa o coñeces...
Senón... podedes mirar no seguinte vídeo
Para rematar pensade...
QUEN PODERÍA SER A PERSOA AXEITADA PARA ADICARLLE O 1 DE ABRIL DO 2017? QUEN VOS GUSTARÍA?
Ningún comentario:
Publicar un comentario