xoves, 7 de abril de 2016

O organistrum que quixo cambiar

   Houbo unha vez, fai moito tempo, unha casa de músicos na Galiza onde había moitos instrumentos musicaies: o laúd Xesús; a pandeireta Pepa; o peitoque Roque e dous organistrum: Paco e Saleta...

   Os organistrums, inda que facían unhas melodías moi bonitas, sentíanse algo tristes porque cando todos os músicos da cidade se xuntaban para facer unha foliada, ás veces non o levaban... Dicían que pesaba moito, que terían que tocalo entre dúas persoas e que, se non o levaban, poderían dedicarse cada músico a un instrumento...

   Cando ían ás berbenas, Maruxa levaba o pandeiro e Pepe o peitoque, por exemplo. Pero os dous organistrums quedaban na casa.


   Un día de feira, cando Maruxa e Pepe marcharan a vender berzas ao mercado, os instrumentos reuníronse ao redor da lareira para tentar entender por qué os organistrum non saían da casa...

- "Eu penso que é polas miñas cordas", dixo Saleta disgustada.

- "Non pode ser por eso porque eu tamén teño cordas e lévanme", dixo o laúd Xesús.

- "Será polas teclas...", dixo Paco.

- "Eu teño teclas e vou", respondeu o acordeón.

- "Será a manivela?" Dubidaron os organistrums a un tempo...
  
   Houbo un alboroto xeral na cociña...

- "Non! a manivela é o que fai que o voso sonido sexa inconfundible e faga fermosas as vosas melodías.  Eu penso que é polo voso tamaño... os músicos de esta casa prefiren tocar un instrumento cada un" Concluiu a pandeireta Pepa chea de razón.

   Claro que sí! Era eso! entre todos deran co motivo do problema! Para solucionalo, os dous organistrums empequeneceron convertíndose en zanfoñas, coas súas cordas, teclas e manivela. A partir deste momento foron sempre ás foliadas e foron moi felices facendo moitas cancións.


   Pasaron os anos ata que un día, estando nunha berbena, a zanfoña Saleta escoitou una melodía e namorouse dela... Pensou que na súa caixa de resonancia debería gravala e que fora a única melodía que soara nela para sempre.  Así,  Saleta botou fora ás súas teclas porque xa non as necesitaba e quedou convertida para sempre nunha caixiña de música.


Despois desta fermosa historia, tedes que saber que na sala do Pórtico está a caixiña de música na que se convertiu Saleta.


Ningún comentario:

Publicar un comentario